Século XX. Un inicio máis alá do río Miño

A lóxica e os datos  históricos revelan que esta ruta tamén a facían peregrinos procedentes de Portugal que cruzaban o río Miño en Monçao, pasando en barca ata Salvaterra. Neste apartado móstranse algúns datos sobre isto, asunto que tal vez poida ser desenvolvido no futuro, pero na actualidade a investigación e promoción deste percorrido abarca soamente ao territorio galego.

Ano 1988

A destacada historiadora Elisa M. Ferreira Priegue, na súa obra Los caminos medievales de Galicia, reseñou a existencia desta ruta que entra por Salvaterra e marcou o seu inicio en Braga:

“En cuanto a los otros pasos del Miño, es casi seguro que había barcas en Caldelas de Tui y en Porto (Arentey). Otro «porto» importante era el de Salvatierra, frente a la plaza portuguesa de Monçao, a donde llega el camino que procede de Braga por Arcos de Val de Vez.”

 Ano 1995

Despois do ano 1993, cando o fenómeno xacobeo empezou a explosionar, a relación desta ruta coas peregrinacións a Santiago xa era ben coñecida, pero ao ter un percorrido por zonas rurais e lonxano aos grandes núcleos poboacionais non foi promocionada.

Estas son dúas das citas sobre ela no III Encontro sobre os caminhos portugueses a Santiago, celebrado en Valença do Minho do 21 ó 23 de abril do ano 1995.

 

Relatorio: O río Minho nos encontros com a Galiza de María Luisa Távora:

…el camino más corto en las peregrinaciones desde Braga Santiago de Compostela. Saliendo de Braga, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Portela do Vez, Merufe, Convento, Mosteiro de S. João de Longos Vales, Moncão, Convento de S. Bento y otros, barca de la travesía a Salvaterra, Fillaboa, ponte romana etc.

Relatorio: Puentes en el Camino Portugués de Darío Isquierdo e María Cuende:

Algunos peregrinos procedentes de Braga, en lugar de dirigirse a Ponte de Lima, irían hacia Ponte da Barca. Allí cruzaban el mítico Lima por un puente que presenta la esfera armillada de D. Manuel (1495-1521). Está construido en lugar (…). Después, los peregrinos seguían por la vega del río Vez pasando por Arcos de Valdevez.

Al lado del Miño está Monçao. Allí, el paso del río se hacía y se hace por ahora en barca. En 1844 había por lo menos 6 barcas autorizadas, estratégicamente separadas media legua, de las que tres eran propiedad del Ayuntamiento y las otras tres de particulares que pagaban el correspondiente impuesto municipal.

Ano 1998

Na publicación oficial do Xacobeo’99 Caminhos Portugueses de Perigrinação a Santiago, publicada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, detállanse nun mapa as principais rutas de peregrinación que atravesan o norte de Portugal cara Compostela.

A obra é do historiador Carlos Alberto Ferreira de Almeida e recolle con claridade a conexión Braga – Monçao – Ponteareas. A imaxe da esquerda mostra o mapa orixinal e na da dereita remarcouse a información máis relevante para facilitar a interpretación.

mapa-caminos-portugueses-santiago

Os percorridos polo territorio portugués non forman parte do proxecto de recuperación do Camiño de Ignacio Taverneiro.