Preguntas frecuentes
O Camiño de Ignacio Taverneiro non está catalogado como Camiño de Santiago. Na actualidade estase tramitando a súa declaración como Vía Cultural, paso previo para o estudio da oficialización.
O track pódese descargar mediante o enlace da parte inferior da pestaña «Percorrido» que te vai redirixir a unha publicación en Wikiloc. Mediante este servizo vas poder descargalo en calquera dos formatos máis frecuentes (GPX, TCX, KML…).
Sí. Pódese levar e ir sellando a Credencial do Peregrino como en calquer outro Camiño. Ademais é recomendable facelo para poder optar a descontos nos aloxamentos. Aconséllase selar como mínimo dúas veces cada día e, nos lugares de durmida, facelo unha vez coa data de chegada e outra coa data de saída. Para o selado é valido o cuño de calquer establecemento, asociación ou parroquia; sen que o selo teña que cumprir ningún requisito específico. (Ver info para obter a Credencial).
Sí. Ao chegar a Santiago pódese acudir á Oficina do Peregrino para recibir a Compostela. Os requisitos son os mesmos que en calquer outra ruta. A distancia mínima no caso de peregrinar camiñando ou dacabalo son 100 km, polo que percorrendo este Camiño enteiro (130 km) xa se cumpre ese requisito. Para logralo indo en bicicleta sería preciso empezar en zonas portuguesas que disten un mínimo de 70 km da fronteira, debido a que a distancia mínima está fixada en 200 km.
A gran diferencia coas rutas oficializadas é que este Camiño, ao non estar aínda recoñecido pola Igrexa, non ten un apartado específico para el, e os seus peregrinos son anotados no apartado «Outros Camiños». Por este motivo tampouco se pode obter un Certificado de Distancia no que saia o nome desta ruta.
O nome desta ruta foi posto na honra de Ignacio Taverneiro, un peregrino que faleceu no mes de outubro do ano 1784, durante a viaxe de regreso tras gañar o xubileo nese Ano Santo.
Entre os anos 2022 e 2023 foi percorrido por máis de 200 peregrinos, tanto a pé como en bicicleta e dacabalo.
A parte central deste Camiño caracterízase pola abundancia de igrexas adicadas ao Apóstol Santiago, contando con 3 santuarios nun tramo de soamente 62 Km, un feito que reforza a vinculación xacobea desta ruta. Están situados nas parroquias de Borbén (concello de Pazos de Borbén), Loureiro (Cerdedo-Cotobade) e Tabeirós (A Estrada).
Foi sinalizado o verán de 2023 e resinalizado na primavera de 2024, pero é posible que haxa cruzamentos nos que a sinalización se perdese, polo que se debe levar o track GPS descargado. Recoméndase revisar a sección Noticias antes de iniciar a peregrinación para comprobar as últimas novedades sobre a marcación.
O Camiño de Ignacio Taverneiro ten un percorrido de 130 km, pero no caso de querer percorrer unha distancia maior (no caso de ir en bicicleta é preciso cubrir un mínimo de 200 km para obter a Compostela) pódese iniciar en calquer punto dos camiños portugueses Central ou da Costa (os máis frecuentes son Braga ou Oporto) e, ao chegar a Valença do Minho, seguir ata Monçao polo tramo de 16 Km publicado na pestaña «Percorrido«. Ao entrar en Monçao soamente queda cruzar a ponte internacional e xa estarás ao pé da Fortaleza de Salvaterra.
Na pestaña «Percorrido» está publicado o listado dos sitios para comer e durmir. Recoménsade reservar con antelación e repartir as etapas segundo a dispoñibilidade de aloxamento.