
Pensabas que xa percorreras todos os Camiños de Galicia?
Regresa á ancestralidade da peregrinación seguindo a Ruta de Ignacio Taverneiro!

Mentres non o fagas sempre che quedará un por percorrer!

Un percorrido polo interior da provincia de Pontevedra, salpicado de decenas de lugares de gran interese cultural e natural, nada masificado, e que che vai permitir disfrutar do recollemento interior e regresar ás antigas peregrinacións.
Contacto e redes
Descúbreo!
🚶♀️🚶♂️🚶♀️ 130 Km listos para os teus pés! 🚶♂️🚶♀️🚶♂️
Guía do percorrido e do patrimonio.
A guía creouse coa intención de que o camiñante poida levar consigo unha publicación en formato papel que poida consultar cómodamente sen ter que recurrir ao uso de pantallas. Está escrita en galego, consta dunhas 185 páxinas a cor e contén información das distancias, sitios para dormir e datos sobre o patrimonio natural e cultural.
Pódese mercar en:
- Amazon: https://amzn.eu/d/57yxT7o (20 € aprox.)
- Salvaterra: zapatería Togui´s (15 €)
- Ponteareas: tenda Adobiarte (15 €)
- Carballedo (Cotobade): estanco Cuiñas (15 €)
- Santiago: tenda A Rúa Recordos

Reconto de peregrinos:
Ano 2022: 92 a pé e 60 en bicicleta.
Ano 2023: 110 a pé e 12 dacabalo.
Ano 2024: 120 a pé e 14 dacabalo.
Ano 2025: 386 a pé e 16 dacabalo.
Estes datos son dos que obtivemos fotografías (en persoa ou nas redes) ou pararon en bares colaboradores, pero estímase que as cifras totais de camiñantes debe ser polo menos un 15% superior. En bicicleta, como mínimo, pasan tantos como a pé, pero non se leva reconto.
Reserva os aloxamentos varios días antes de empezar.





