Denominación do responsable da páxina web: Asociación Codeseda Viva
CIF: G94055472
Domicilio social: Codeseda nº 16 A Estrada 36684 Pontevedra
Correo electrónico: codeseda.com@gmail.com
Data de constitución: 09/11/2011
N.º de inscripción no Rexistro de Asociacións: 2011/015967-1
Inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago

Fins da asociación relevantes para este proxecto:
-A recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, así como a difusión da cultura derivada deste.
-O desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.

A Xunta Directiva está formada polo Presidente da Asociación, un Secretario e un Tesoureiro.
O Presidente da Asociación (na actualidade Carlos da Barreira) foi designado pola Asemblea Xeral entre os asociados con data 26 de abril de 2024. O seu mandato durará ata o 25 de abril de 2028 e ten, entre outras, a atribución de representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
Todos os cargos son exercidos gratuitamente e non se conta con traballadores nin asalariados.


O proxecto de investigación, recuperación e promoción do Camiño de Ignacio Taverneiro recibe una subvención de 6.000 € anuais da Deputación de Pontevedra (subvención única).

No proxecto colaboran outras entidades públicas, especialmente os concellos de Salvaterra, Ponteareas, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Cerdedo Cotobade, principalmente efectuando desbroces e apoiando aos peregrinos, pero sen conceder subvencións para este proxecto.

Ano 2025
Organismo concedente: Deputación de Pontevedra
Expediente: 2025003571
Convocatoria con aplicación orzamentaria 25/433.4320.489.01
Importe: 6.000 €
Finalidade: Recuperación e promoción do Camiño Taverneiro
Estado de execución: realizado e xustificado.
Ingresos: 6.000 €
Gastos: 6.000 €
Gasto principal (2.000 €): Análise das debilidades do trazado por parte dunha empresa especializada nos camiños de Santiago e con persoal habilitado como guía de turismo de Galicia; complementado con algunhas accións de promoción online e offline.

En 2026 a principal partida prevista é para o mantemento e mellora da páxina web (concepto: Deseño e xestión de estratexia dixital: páxina web, xestión de RRSS e campañas de publicidade online) con un total de 3.500 € (IVA incluído).
Outras partidas inferiores estan destinadas a: edición e produción de materiais de difusión; compra de materiais e desprazamentos para sinalización e marcaxe; compra de textil promocional e adquisición de bibliografía técnica e fondos documentais.

A asociación Codeseda Viva tamén leva a cabo outros proxectos (independentes deste) que se poden ver detallados na web https://codeseda.com para os que se recibe unha subvecnión de 2.000 € do Concello da Estrada.

Información actualizada a 29/06/2026.
codeseda.com@gmail.com