O sábado 17 de xaneiro o grupo de Ramiro completou o tramo dende Carballedo a Quireza, todo no concello de Cerdedo-Cotobade). En Carballedo visitaron o bar de Yoli e Casiano que tiñan previsto como inicio de etapa.
Ao chegar a Pedre foron recibidos por Dori, da asociación de veciños, e fixeron unha agradable pausa no seu local.
En Quireza, gracias á colaboración de Lourdes e da asociación de veciños puderon reagruparse e repoñer forzas no seu local social.
Os camiñantes mandáronnos unhas mensaxes de agradecemento por tan boa atención recibida.






