Tan pronto como a chuvia nos dou un respiro acudimos ó camiño a seguir repintando frechas para que os peregrinos se poidan guiar sen ter que usar o gps. O 25 de marzo demos por rematado o tramo entre o Cristo do Piñon, punto do concello de Ponteareas onde se abandoa o río Tea, e o núcleo urbano de Pazos de Borbén.



Durante o percorrido tamén aproveitamos para renovar as fotos de lavadoiros, cruces, fontes e resto de elementos patrimoniais que adornan o camiño.


