Amigos do Camiño de Pontevedra inician andadura

A asociación de Amigos do Camiño Portugués percorreu a súa primeira etapa o sábado 22 de marzo pola tarde. Para o día de inicio elixiron o tramo de enlace Valença – Monçao – Salvaterra que discorre pola ecovia paralela ao río Miño. Esta ruta constitúe un paraíso para os peregrinos gracias ó seu entorno natural e a un terreo perfectamente uniforme e sen pendentes. Para o seu deseño aproveitouse unha antiga vía de tren na que aínda se conservan algunhas estacións como as de Ganfei, Verdoejo ou Friestas.