Ponte Patas chega a Carballedo

A unión entre cans e persoas existe dende fai moitos séculos e, como non podía ser doutra maneira, na ruta de Ignacio Taverneiro tamén se mantén; e ademáis estas camiñadas serven para reforzar o vínculo entre humanos e animais. O grupo Ponte Patas leva varios fins de semana percorrendo o Camiño e o día 15 de xuño chegaron a Carballedo, onde puideron repoñer fotos no bar de Yoli e Casiano, que tiveron a amabilidade de enviarnos estas fotos.