O 2025 foi un ano estupendo para a ruta de Ignacio Taverneiro. Pasaron máis de 400 peregrinos a pé e dacabalo (os que van en bici non os contabilizamos) e todos trasnmitiron a súa satisfacción coa experiencia vivida; e houbo algún que incluso o percorreu máis dunha vez.
Para o ano 2026, xa nas primeiras semáns, contamos poder darlle un repintado a todas as frechas para que volvan a coller o brillo que merecen; e tamén seguiremos mellorando o trazado intentando incorporar máis cachos de camiños vellos, eses que tanto lles gustan aos peregrinos tradicionais.



