Saíndo dende a súa casa, preto do Santuario da Franqueira, estes tres xinetes foron entrelazando sendeiros ata unirse ao camiño de Ignacio Taverneiro na zona entre os concellos de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade.

As cabalerías saciaron a sede nunha das fontes de Santiago de Loureiro, ao pé do impoñente carballo do Quinteiro, e despois seguiron ruta para facer noite en Pedre.

Ao día seguinte chegaron a Compostela tal e como tiñan previsto. Dous dos xinetes eran ben novos e seguro que esta experiencia lles vai quedar gravada por moitos anos. Parabéns aos tres!



