Vía Láctea termina o Camiño

O club santiagués Vía Láctea rematou este sábado (10/05/2025) a súa peregrinación por etapas polo Camiño de Ignacio Taverneiro.

María Jesús Iglesias cóntanolo así:

Hoxe chegamos co Club Vía Láctea a Santiago. Despois de levar feitas 8 etapas do Camiño de Ignacio Taverneiro. Por fin, gañámos a Compostela. Tocou a etapa que comeza en Rarís, na taberna Mella, con case 100 anos de antigüedade. Fundada no 1926 e situada moi preto da Igrexa de San Miguel. Alí hai un cruceiro moi peculiar. Vese coma un anxo está a recoller o sangue que cristo solta na cruz. Logo pasamos pola aldea de Sestelo e a Igrexa de San Juan de Recesende. Pasando pola Igrexa de Cacheiras e os Tilos no concello de Teo. Dende alí xa se divisaba o Pico Sacro dun lado e do outro as torres da catedral, o seminario menor e a cidade da cultura. Fomos a carón das vías do tren e do río Sarela ata a ponte do Sar. Alí vimos a Colexiata e logo subimos por Castrón Douro, cruzamos o arco de Sargadelos, a universidade de historia e por último a plaza das Praterías. Alí fixemos a foto do grupo e fomos a xantar todos xuntos.

Tívemos bastante sorte co tempo. Case non nos choveu, ainda que atopamos pozas polo medio, das que tívemos que apartar. Había carballeiras, campos floridos e as patacas comenzaban a rosear.

Pillamos colonias de gatos, vides moi ben coidadas, hórreos, cruceiros, igrexas, ríos, fontes, hortas urbanas, niños de paxaros, pontes, vías do tren, túneles, hortigas, etc.

Toda unha aventura da que comparto fotos para o recordo.