Despois de bastante tempo intentando lograr a financiación e optimizando o deseño cos debuxantes xa está dispoñible o mapa definitivo. A obra está subvencionada pola Deputación de Pontevedra e foi elaborada pola empresa Ideas Peregrinas.
Este mapa é de uso e acceso libre para calquera fin relacionado coa promoción e desfrute do Camiño de Taverneiro, pero non se pode modificar nin usar para outros fins (nin enteiro nin calquera dos seus elementos) salvo autorización por escrito da asociación de Amigos do Camiño Taverneiro.