Despois da pausa obrigada debido á choiva o bo tempo do mes de abril permitiulle ós voluntarios volver ó traballo e seguir repintando as frechas do camiño, rematando a primeira volta deste traballo durante a segunda quincena do mes de maio.
Desta maneira o percorrido do Camiño está todo sinalizado, exceptuando os espazos protexidos pola Rede Natura 2000 (río Miño e Tea) e parte dos cascos urbanos de Ponteareas, Ponte Caldelas e A Estrada.
Nas zonas da Rede Natura 2000 para seguir a ruta correcta non hai máis que ir pola beira dos ríos (é unha ruta moi pisada e non hai pérdida posible).
Hai que ter en conta que a sinalización pode desaparecer ou alterarse por diversos motivos (vandalismo, animais que a usan para rascarse, maquinaria de desbroce…) polo que se aconsella levar sempre unha app GPS no teléfono para poder seguir o trazado correcto en caso de dúbida.
A intención dos promotores e voluntarios e ir repasando frecuentemente as marcacións ata polo menos mediados do outono.