Máis fotos de peregrinos

A tarefa de levar un reconto exhaustivo dos peregrinos a pé e dacabalo que pasan pola Ruta de Ignacio Taverneiro ten unha considerable complexidade. Algúns van percorrendoa por etapas segundo teñen dispoñibilidade na axenda e outros fan todas as xornadas seguidas ata rematar, e dalgúns hai moitas fotos e outros pasan moi desapercibidos.

Dos biciperegrinos xa nin intentamos levar reconto.

A intención é que nun futuro próximo poidamos levar a cabo unha revisión do material fotográfico etiquetado en Internet e, despois de comparalo co que nos aportan os colaboradores, poidamos establer unha cifra que sexa bastante exacta. De momento publicamos outra tandada de fotos (algunha pode estar repetida noutra entrada) e se tes algunha de xente que non aparezca agradecemos nola remitas coa mención de se pode publicar ou non.