O carballo do Quinteiro (Castelao, 1922)

En Loureiro, aldea do concello de Cerdedo-Cotobade, hai un impoñente carballo que se conserva tal e como o pintou Castelao no ano 1922 coa técnica de óleo sobre cartón. Moita da xente do lugar refírense a el como o carballo de Santa Isabel, devoción á que tamén lle adican unha festa, e que a tradición oral a relaciona co paso polo lugar da Raíña Santa Isabel de Portugal nalgunha das súas peregrinacións a Compostela a principios do século XIV. Ben é sabido que trala morte do seu esposo quixo chegar a Santiago dunha menira totalmente desapercibida e, sen dúbida non hai outra ruta máis discreta e cómoda ca de Ignacio Taverneiro para ese fin.

É de destacar que a menos de cen metros deste lugar hai un santuario dedicado ao Apósto Santiago.

Fonte: Castelao pintor (Galaxia, 2006). Real Academia Galega. Biblioteca
O carballo na actualidade