Rematado o terceiro repintado do ano

Na última semán do mes de xullo os voluntarios remataron o repitando das frechas do camiño (coas excepcións xa coñecidas dos tramos dos ríos Miño e Tea, por ser REDE Natura 2000).

Esta foi a terceira man de pintura que se lle dan ás frechas e debería ser suficiente para conservalas en bo estado de visibilade durante varios meses. Aínda así recoméndase levar o track GPS no teléfono pola posibilidade de haber algún punto confuso, sobre todo despois de cotas forestais, desbroces ou actividades similares.