El club Vía Láctea llega a Ponteareas desde Salvaterra

O sábado 1 de febreiro o grupo do club de montaña Vía Láctea percorreu a etapa desde Salvaterra do Miño ata Ponteareas. Se queres acompañalos nas súas próximas etapas podes contactarlles no mail inscricions@clubvialactea.com ou no Whatsapp:604091325.

M. Jesús Iglesias describe así a etapa:

Hoxe fixemos o primeiro tramo do Camiño de Ignacio o Taverneiro, co Club Vía Láctea. Dende Salvaterra do Miño ata Ponteareas.
Moi sínxelo de facer, por ser chan, con camiño de terra e sen perda posible, porque seguimos todo o tempo a marxe dereita de tres ríos: o Miño, o Tea e o Uma. Con unha illa incorporada en Fillaboa.
A cada pouco cruzados por unha ponte. Vímolas de todos os estilos e tamaños. A maioría super fermosas. Algunhas antigas de pedra e co suficiente ancho, que incluso, podían pasar coches.
Tamén me sorprendeu o cantar dos paxaros. Non deixaron de facer festa todo o percorrido. Parece que xa ulen a primavera. Vimos garzas, patos e cormeráns. Voando dunha ribeira á outra ou pousados en algunhas das polas los múltiples carballos, sobreiras e loureiros das beiras dos ríos. Moitos deles, xa con flor. Algo que me chamou moito a atención, porque para semana santa, ainda falta moito tempo. Tamén as prímulas e outras frores fixeron acto de presencia nos campos. Locian roseados con paletas de distintos tons de amarelo.
Este paseo está moi ben para camiñantes, ciclistas e incluso xinetes. Poidemos ver a unha parella deles, montados en ambos cabalos. Ela nun branco e él nun de cor roxo.
Os xabarins tamén parece que son asiduos a estas terras. As súas pegadas delataban que esta noite comeron un festín de miñocas. Había fuciñadas deles en moitos dos seus arrós.
Tamén nos atopamos con homes enfundados con traxes da construcción. Tiñan os seus furgóns e tractores aparcados na ribeira do río e estaban a facer non se sabía o qué, con tablóns de madeira e planchas de ferro. Parece ser que estaban a construir pontes movibles para pescar nas lampreas.
Nos campos, había plantacións de vides e millo (xa secos), berzas verdes e moitos laranxeiros cargadiños de laranxas.
Un par de igrexas e un mosteiro, apareceron maxestusos ós nosos pés e diante da de Ponteareas, había montado un mercado. Unha charanga estaba a tocar alegres pezas, para darlle máis vidiña ó pobo. Boa falta que lle fai! Teñen moitas casonas bonitas, pero que se ven en ruinas. No seu tempo, tiña que ser un lugar poderoso.
Foi a primeira vez, que nos sobrou tempo. Chegamos dúas horas antes ó punto de saida.
Algúns aproveitaron para mercar nos postos do mercadillo, outros para xantar nas súas tabernas e outros para xogar ás cartas tomando unha cerbexa ou un café.
O día mantívose enxoito todo o tempo e incluso por momentos quentou o sol.
Que máis se pode pedir? Deixo fotiños como sempre, porque o mundo ten tanto que ver, que non hai día, que non nos atopemos con algo curioso.
Viaxar, tamén é unha forma amena de adquirir cultura!

Estas son dúas publicación no Facebook dese día: