O tramo do camiño vello entre o centro de Pazos de Borbén e a parroquia da Ermida foi recuperado fai uns anos, despois de levar varías décadas pechado. Nel había moita maleza e tamén árbores que medraran na metade do camiño e dificultaron o desbroce. Neste mes de maio de 2026 voltouse a repasar a zona, aínda que xa non hai árbores, a maleza reclama o seu lugar e toxos, silvas e fentos estaban complicando o paso. Con estes traballos quedou en perfecto estado de uso para que peregrinos e veciños poidan desfrutar deste trazado que aínda conserva catro das cruces altas que o engalanaban, algunha delas de case dous metros de altura.






