Andaina de Serrapio ata Codeseda

O sábado 11 de febreiro celebrouse unha andaina de 12 km, dende Serrapio ata Codeseda. A finalidade da actividade é dar a coñecer á poboación esta antiga ruta. Os seus orixes pérdense no tempo, pero os maiores aínda se lembran de percorrela a pé por moitos motivos, coma ir ás feiras ou a visitar familiares. Outros son tan curiosos como ir a sacar unhas fotografías ao fotógrafo Ramos (1887 – 1967) de Codeseda, tal e como nos contou un dos últimos veciños de Serrapio; ou no sentido contrario, para ir dende Codeseda cara santuarios coma o Santo Cristo de Xende, moi venerados fai anos.

A andaina tiña un límite de 17 prazas, que se cubriron todas elas en pouco tempo.