Unha vez rematada a peregrinación polo Camiño de Ignacio Taverneiro, pódese acudir á Oficina do Peregrino e obter a Compostela, pero non o Certificado de Distancia nin ningún outro documento oficial no que figure o nome deste camiño.
Foron moitos os peregrinos que nos trasladaron o seu desexo de levar para a casa un «papel» que lles servise como recordo da súa peregrinación. Por este motivo, desde a Asociación de Amigos de Ignacio Taverneiro decidimos crear un documento conmemorativo propio, que se pode recoller de maneira gratuíta na tenda A Rúa, situada na praza do Toural.



