A primeira versión da guía foi publicada o 24 outubro 2022. O seu tamaño era de 20×12 cm e quedou en evidencia que eran unhas dimensións escasas para dar cabida a todo o contido previsto.
Tras varias semanas de intenso traballo as súas dimensións foron ampliadas ata os 24,4×17 cm. As primeiras probas de maquetación do novo formato viron a luz a finais do mes de xaneiro de 2023, contando cunha considerable ampliación do contido e un renovado deseño de portada.
A finais do mes de marzo a guía foi posta á venda ao público. Aínda quedan pendientese algúns retoques, pero as solicitudes dalgúns peregrinos que querían tela ao seu alcance sen máis demora provocou a decisión dos autores de ofrecer esta versión beta canto antes.
Guía do percorrido e do patrimonio.
A guía creouse coa intención de que o camiñante poida levar consigo unha publicación en formato papel que poida consultar cómodamente sen ter que recurrir ao uso de pantallas. Está escrita en galego, consta dunhas 185 páxinas a cor e contén información das distancias, sitios para dormir e datos sobre o patrimonio natural e cultural.
Pódese mercar en:
- Amazon: https://amzn.eu/d/57yxT7o (20 € aprox.)
- Ponteareas: Tenda Adobiarte (15 €)
- Carballedo (Cotobade): Estanco Cuiñas (15 €)
