Sabemos que nas últimas semanas pasaron varios grupos de peregrinos, tanto a pé como en bicicleta, pero é complicado facerse con fotos da súa peregrinaxe. Con todo un grupo de ciclistas que fixeron o Camiño o finde semana do 9 e 10 de setembro enviáronnos estes recordos da súa aventura:

 Primeira etapa:

Salvaterra >> Ponteareas >> Pazos de Borbén >> Ponte Caldelas >> Carballedo (Cotobade) >> Pedre (Cerdedo).
75 km. Durmiron no asador y pensión O Castiñeiro (+34 670 43 44 98).

Resumen en Relive

Segunda etapa:

Pedre (Cerdedo) >> A Estrada >> Pontevea (Teo) >> Santiago de Compostela. 55 km

Resumen en Relive

Os protagonistas desta peregrinación foron: Pablo, Isma, Edu, Miguel, José e Javi.
Queren agradecer especialmente a colaboración prestada polo dono do bar A Chan de Cotobade para poder seguir coa súa peregrinación tras unha avaría mecánica.