O grupo de 90 mozos da parroquia de San Jorge de Madrid logrou completar o Camiño, chegando a Santiago o día 27, tal e como estaba previsto, converténdose nos primeiros peregrinos que realizan este roteiro desde que se iniciou a súa recuperación.

Estas foron as súas etapas:

  • 21-jul Viaxe en bus de Madrid a Ponteareas
  • 22-jul Ponteareas a Pazos Borbén 17 km
  • 23-jul Pazos Borbén a Ponte Caldelas 19 km
  • 24-jul Ponte Caldelas a Carballedo (Cotobade) 15 km
  • 25-jul Cotobade a Codeseda (A Estrada) 24 km
  • 26-jul Codeseda a Vea (A Estrada) 23 km
  • 27-jul Pontevea a Santiago 22 km

A súa camiñada foi de 120 km nos que contaron coa total colaboración dos concellos, que lles cederon os pavillóns deportivos para pasar a noite e agasalláronnos con froita, bolería e outros produtos que lles axudaron a repoñer forzas.