Peregrinos dacabalo chegan a Compostela

Antigamente peregrinar dacabalo soamente o podían facer algúns privelixiados que podían costealo. Era un método moi costoso que precisaba de cabalerías fortes e ben alimentadas que ademais tiñan que ser coidados e alimentados antes e despois de cada etapa, e tamén durante os descansos; ademais de, a poder ser, ter un lugar para dormir resgardados nos días de chuvia.

Na actualidade a pasión por estes animais dalgunhas persoas mantén viva está forma de peregrinación, completada a principios de maio por catro xinetes e as súas cabalerías.