Rematan os traballos de sinalización tras o atraso polas choivas

As icónicas frechas amarelas que guían aos peregrinos xa locen con todo o seu esplendor. Malia que o repintado adoita realizarse a principios de ano, a escaseza de días soleados deste inverno dificultou as tarefas, xa que se requiren condicións de seca para garantir a adherencia da pintura e a súa durabilidade.

Grazas á tregua meteorolóxica de marzo, o pasado domingo 5 de abril déronse por finalizados os traballos en todo o percorrido. Así queda o estado actual da sinalización por tramos:

  • 14 km iniciais (do km 130 ao 116): van pegados aos ríos Miño e Tea e non se pode pintar frechas por ser Rede Natura, pero basta con seguir os ríos para non perderse.
  • Zona Ponteareas (km 116 a 113): todo repintado.
  • 2º tramo río Tea (km 113 a 108): non se pode pintar fechas (Rede Natura), pero basta con seguir o río.
  • Dende río Tea a Compostela (km 108 a km 00): todo repintado.

Notas para o peregrino

É importante lembrar que nos tramos que discorren polas beiras dos ríos Miño e Tea, ao formar parte da Rede Natura, a normativa ambiental impide o uso de pintura sobre o terreo. Nestas zonas, a ausencia de frechas compénsase coa propia navegación natural do río, que serve de guía constante para o camiñante.

Con esta posta a punto, o Camiño queda listo para recibir aos peregrinos coa máxima seguridade e visibilidade.