As frechas amarelas son un elemento imprescindible en todo camiño de peregrinos e para que as do noso roteiro reluzan como o ouro está a levarse a cabo o repintado da marcación de todo o itinerario.
Despois de varios días de traballos logramos repintar as frechas dos 25 Km que separan Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, de Codeseda, no concello da Estrada.


