As marcas da ruta foron repintadas en todo o trazado durante a primavera, pero nas semáns seguintes comprobouse que a pintura en sprai non conservaba unha boa visibilidade na maioría das superficies, sobre todo nas das zonas con humidade permanente ou paso de vehículos.
Para posibilitar unha boa orientación aos peregrinos, sobre todo aos que van en bicicleta, mantívose unha permanente revisión das marcas do trazado e fóronse repintado todas frecuentemente.
En setembro iniciouse un repaso final e un intenso repintado de todo o trazado, coa esperanza de telo a punto para a peregrinación a cabalo da primeira semán de outubro. A choiva complicou os traballos dos voluntarios durante varias xornadas, pero o resultado foi moi satisfactorio.