Iníciase o repintado das frechas

O sábado 23 de marzo, aproveitando o bo tempo, iniciouse a revisión das marcacións do Camiño. O tramo elixido para iniciar os traballos foi a última parte do concello de Cerdedo-Cotobade e os primeiros tramos polo concello da Estrada.

Nas próximas semanas está previsto completar todo o percorrido, exceptuando as áreas protexidas pola Rede Natura 2000 (zonas pegadas aos ríos Tea e Miño, no que para seguir a ruta basta con seguir o curso do río).